viernes, 16 de diciembre de 2016

AVISO DE NADAL!!

            O pasado mércores 14 de decembro, os alumn@s de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria tras un grande esforzo de concentración  (non se podía nin respiar ), cariño  e traballo en equipo, grabamos unha moi especial felicitación de Nadal para todos. A estes "maniquís" xa os podedes ver na nosa páxina web . Esperamos que vos guste..... e Felices Festas!!!!!

jueves, 15 de diciembre de 2016

Práctica "Poéticas: metereoloxías e horas do día" e fotoproposta "Compostela" de Vari Caramés

Aquí tede o ppt que vimos na clase sobre a nova práctica fotográfica e sobre Vari Caramés.

Non tedes máis que premer nela para lembrarvos de todo o aprendido na clase.

Xa sodes uns expertos en Caramés e o seu estilo, así que xa podedes levar á práctica o aprendido e apuntar e disparar fotos sen parar ao estilo Caramés.

Lembrade configurar a cámara para disparar en branco e negro!

Un saúdo fotográfico e deicalogo ;)


jueves, 1 de diciembre de 2016

Apunten, disparen, foto! Aprendendo linguaxe visual.

Hoxe estivemos aprendendo moitas cousas sobre análise visual. Un punto moi importante para facer as nosas lecturas das fotografías doutros fotógrafos e das nosas propias fotografías.

Neste caso tratamos unha análise enfocada a ler e crear imaxes de espazos baleiros.

Temos en conta aspectos como o encadre, a luz e a cor, os elementos e a súa distribución, e por suposto as liñas e formas. Características que transmiten diferentes sensacións nas fotos.

Agora sabemos que o espazo no primeiro termo da foto é importante, que debemos buscar encadres amplos, e que o equilibrio, a simetría, e as cores, son aspectos que debemos ter en conta cando facemos fotos.

Aquí deixamos unha presentación que resume estas ideas:


CLICK AQUÍ para ver a fotoproposta de Jordi Bernadó "Fortuna" que temos para traballar na casa.

miércoles, 30 de noviembre de 2016

Benquerido Leonard

Ola a tod@s:

O pasado 7 de novembro deixou de estar connosco unha grande figura da música: Leonard Cohen. Para recordalo e levalo sempre no noso corazón. Carla, Carmen e Paula fixéronlle unha pequena homenaxe. Esperamos que vos guste. Ata sempre, Leonard!

lunes, 21 de noviembre de 2016